A Crise
Vivimos tempos incertos por mor do estoupido da maior crise económica dos últimos 80 anos. Esta crise mostra a faciana mais agresiva e inhumana da mutación dun capitalismo depredador que se ensaña coas clases medias e baixas con especial virulencia.
As consecuencias do xogo que se trouxeron as elites económicas e políticas ao marxe de verdadeiros mecanismos de fiscalización e control democrático comezan, agora xa si, a notarse mais alá da destrución masiva de postos de traballo no mundo enteiro, da precarización, da flexibilidade e do intento de instauración dun verticalismo que condena ás maiorías sociais e ás novas xeracións a un futuro moi pouco alentador.
Estanse poñendo en cuestión conquistas que custaron, sangue, suor e lágrimas acadar durante as loitas do movemento obreiro no século XX. Unha Sanidade e unha Educación públicas, gratuítas, universais e de calidade son os piares básicos nos que asentar o Estado de Benestar e a dignidade e liberdade. Unha Universidade como a que nós propugnamos e defendemos non só é posible e viable, senón desexable e necesaria para saír fortalecidos, como país e sociedade, dunha crise que se prevé longa e fonda. Da que non sairemos, posiblemente, en menos dunha década. A saída vai ter que ser reafirmando os vellos ideais de liberdade, igualdade e de xustiza e non hipotecando o futuro nin sacrificando algo tan importante como a educación e a formación das novas xeracións.
As Universidades foron sempre vangarda nas reclamacións e mobilizacións deste tipo: no estado español, cando houbo que loitar contra a ditadura e na Transición, foron comprometidas, pero nesta crise hai un baleiro das voces estudantís incomprensible (salvando o caso exemplar do estudantado chileno) en boa parte do mundo. Correspóndenos a nós, aquí, hoxe e agora, ante un momento crucial en Galiza, o conxunto do Estado e a nivel europeo e global dar un paso ao fronte e plantarse ante os discursos e prácticas dirixidas a precarizar o sistema educativo e a Universidade. Os estudantes temos unha responsabilidade histórica, e somos unha voz autorizada e necesaria nos procesos de cambio social. A unidade do estudantado organizado é precisa.
Con nós que non conten para ser cómplices do deterioro do sistema educativo e universitario. Non queremos ser comparsas, senón actores activos na construción dun futuro próspero. Xa non loitaremos por nós, senón polos que virán detrás. Coa educación de todos non se xoga. Só hai un camiño: defendela dos discursos, actitudes e prácticas que algúns pretenden levar a cabo unha vez se consume, no horizonte electoral inminente, o dominio absoluto desta volta de torca da revolución conservadora e neoliberal. Imos ter que mobilizarnos e defender o que é noso e é de todos. En Movemento, e co Movemento Estudantil Universitario
Ver texto sen formatear