A Universidade

Hai uns anos os claustros das Universidades galegas magoábanse de que tiñan que responder a novos desafíos a custe cero. Hoxe choran porque eses mesmos desafíos deben ser gardados en caixóns e baúis pois as partidas orzamentarias da Administración cara o ensino universitario, nas súas vertentes docente e investigadora, son trasquiladas como la de ovella. Asistimos, en efecto, á precarización máis impúdica en décadas do ensino universitario público.

Taxas abusivas, atracos a man armada como a Normativa de Permanencia da USC son mecanismos para cargar sobre o lombo dos estudantes e as súas familias, sobre a clase traballadora e de a pé, unha crise que nós non temos creado. Xa non é un ataque contra a Universidade, non é un mero capricho dun goberno conservador e elitizador, en Santiago, Madrid ou Bruxelas, é unha orquestra política e mediática que teima en tronzar o ensino, a sanidade, todo aquilo que dende o público consolida o Estado de Benestar.

Escóitase xa pola rúa, se non nos queren dar Estado de Benestar cómpre pasar ao Estado de Malestar. Hai que defenderse, isto non é unha obra de teatro, non é ficción, é un ataque contra nós. Temos que defendernos. Cando a inxustiza é lei, a rebelión é unha obriga. Móvete, xa!

Ver texto sen formatear